Manual e exercicios de galego urxente
Pena Sánchez, Xosé Ramón;Rosales Cereijo, Manuel
Gallego

Sinopsis Manual e exercicios de galego urxente

O Manual e Exercicios de Galego Urxente, preparado polos profesores X. Ramón Pena e Manuel Rosales, actualizado segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega de 2003, está estruturado en dous grandes bloques: o «Manual» (onde se expoñen os contidos teóricos) e os «Exercicios» (para levar á práctica o exposto mediante procedementos). O «Manual» divídese en catro apartados principais: -Ortografía e Morfosintaxe, especie de prontuario gramatical onde aparecen expostas e resoltas as ocasións e empregos máis frecuentes dos diferentes apartados que atinxen á ortografía e á morfosintaxe do galego. -Léxico, con ampla información acerca do uso correcto e incorrecto dun certo número de voces e expresións frecuentes que suscitan dúbidas á hora de falarmos e escribirmos. -Topónimos e Xentilicios frecuentes e dubidosos. -Locucións e Expresións Latinas de uso frecuente co seu significado na nosa lingua. Ademais, ofrécense tres apéndices: palabras de ortografía dubidosa, usos do signo de puntuación, e paradigmas gramaticais, que complementan a gramática práctica do primeiro apartado do manual. Os exercicios constan de varias propostas para levar á práctica os contidos do manual: Ortografía, Morfosintaxe, Léxico-semántica, Expresión e Pasatempos. Este último apartado dos pasatempos, un xeito máis lúdico de aprender lingua, conta con solucionario ao final do libro.
EAN
9788497824934
Editorial
Año de edición
2006
Páginas
192
Idioma
Gallego
Colección
CONSULTA MANUAIS
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres