MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO
Tojo, Marga
Gallego
Gallego

Sinopsis MATERNIDADE FÓRA DE CATÁLOGO

" Maternidade fóra de catálogo " é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal.
Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer.
No medio desa experiencia " Maternidade fóra de catálogo " analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares.
Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz.
" Maternidade fóra de catálogo " pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.
EAN
9788491213727
Editorial
Año de edición
2018
Páginas
192
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
nº colección
23
Colección
LIBRO X
Alto
200
Ancho
130
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres