Menstruación en marcha

Menstruación en marcha

Gloria A. Calvo
Gallego

Sinopsis Menstruación en marcha

Unha guía imprescindible para acompañar a chegada da menstruación e falar dela sen falsos mitos nin tabús. Das autoras de Puberdade en marcha, este novo libro proponse acompañar a etapa en que chega a menstruación con información precisa e rigorosa, deixando atrás mitos e tabús, para axudar así a comprender os cambios do corpo, as emocións que poden aparecer e as distintas formas de vivir este proceso. Que é exactamente a menstruación Quen pode menstruar Menstruar doe Outros animais menstrúan A menstruación é para sempre Estas son só algunhas das cuestións ás que Gloria A. Calvo, Camila Lynn e Agostina Mileo dan resposta de forma clara e amena, incluíndo consellos, derrubando falsos mitos e inspirando novas preguntas. As coloridas ilustracións de Martina Trach son un exemplo de como a arte pode utilizarse para promover a educación e a aceptación. Ao reflectirse nelas a menstruación de maneira natural e sen prexuízos, contribúen a romper tabús, a normalizar as experiencias de cada persoa e a fomentar unha ollada máis aberta, inclusiva e respectuosa cara ao propio corpo e á diversidade.
EAN
9788413434339
Editorial
Año de edición
2026
Páginas
48
Idioma
Gallego
Colección
CIENCIA
Alto
210
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres