Morrer en Castrelo do Miño
Fernández Ferreiro, Xosé

Sinopsis Morrer en Castrelo do Miño

No ano 1966, o fermoso e productivo val de Castrelo foi asolagado por Fenosa para construír un encoro, co único fin de acumular enerxía eléctrica para a súa exportación, provocando o éxodo de máis de 8.000 persoas. A loita dos veciños para salvar o val recibiu apoio en todo o país e converteuse nun fito histórico da resistencia contra o caciquismo e a expoliación dos recursos naturais. Por iso, como di o autor, esta novela foi víctima no seu día dunha " conspiración do silencio " .
De Morrer en Castrelo do Miño Arturo Lezcano ten dito que " ha quedar entre as pouquísimas novelas importantes da literatura galega da segunda metade do século XX (...) a obra mestra, sen dúbida, das de Fernández Ferreiro " . Ten toda a sinxeleza dos grandes achados da narrativa que din menos " intelectual " ; ou sexa, a de maioritaria aceptación e ata, cada unha a súa escala, éxito.
EAN
9788475079271
Editorial
Año de edición
1995
Páginas
112
Colección
NARRATIVA
Alto
210
Ancho
130
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres