https://www.imosver.com/es/articulo/CIM0051506CIM0051506O Corpo de Cristo19.95Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatrahttps://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgLibrosLibros/COMIC Y JUEGOSEn stockASTIBERRI000https://static.serlogal.com/imagenes_small/9788410/978841033224.jpgCIM00091442151.052025/03/279788410332249Librosaño_2025idioma_GallegoGformato_Tapa blanda o Bolsilloautor_LEMA, BEAsaga_Sillón Orejero
Este tipo de cookies permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan.
imosverlaravel_session
Descripción
Esta cookie es necesaria para que el sitio web funcione y no se pueden desactivar en nuestros sistemas
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
imosver.com
OCT8NE
Descripción
Esta cookie se utiliza para el correcto funcionamiento del Chat de Oct8ne para prestar el servicio de atención al cliente al usuario
Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios.
_clsk
Descripción
Registra datos estadísticos del comportamiento del visitante en la web. Esto se utiliza para análisis internos por el operador de la web
Duración
1 año
Dependencias
_clsk,MUID,_clck
Dominio
logglytrackingsession
Descripción
Identifica y registra la sesión del usuario con fines analíticos.
Duración
Sesión
Dependencias
Dominio
.imosver.com
GOOGLE_ANALYTICS
Descripción
Registra una identificación única que se utiliza para generar datos estadísticos acerca de cómo utiliza el visitante el sitio web.
Duración
1 año
Dependencias
Dominio
.imosver.com
Son aquellas que nos permiten adaptar la navegación en nuestra página web a sus preferencias (Ej. Idioma, navegador utilizado, …etc)
_fbp
Descripción
Utilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de terceros anunciantes.
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas. Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica. A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é “unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados”. Así mesmo, sinalou que é “unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante”. Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que “a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n’O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo”. O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic: • Premio Nacional de Cómic de España – Gañadora 2024 • Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024 • Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024 • Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024 • Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024 • Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024 • Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côté d’Azur - Short-list 2024-2025 • Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 – Gañadora 2024 • Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 – Nominada 2024 • Premio Artémisia - Nominada 2024 • Premio Première vague BD / Librairie l’esprit large - Nominada 2024 • Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023 Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d’O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.