- Libros
- LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
- O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
- Libros
- LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 AÑOS
- O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
Sinopsis O XIGANTE SECRETO DO AVÓ
-Si! -suspirou Billy-. Do xigante secreto. Pero non é real!
Billy non cre a seu avó cando lle conta que hai un xigante na vila que se dedica a facer boas obras para todo o mundo. El sabe que un xigante é demasiado grande como para manterse oculto. E por que QUERERÍA manterse en segredo?
Pero, segundo pasa o tempo, Billy aprenderá que algúns segredos son GRANDES de máis para mantelos en segredo por moito tempo...
Unha historia XIGANTE que fala da necesidade de encaixar e do valor da amizade, e que foi creada por David Litchfield, gañador do Waterstones Children's Book Prize en 2015 na categoría de libro ilustrado por O Oso e o Piano, publicado tamén en galego por Hércules de Ediciones.