OITO OLLADAS SOBRE A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO
López Silva, Inma
Gallego

Sinopsis OITO OLLADAS SOBRE A FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO

Este libro pretendía ser unha memoria do 8 de marzo de 2018, pero é moito máis.
Oito mulleres moi diferentes foron convocadas a escribir sobre a súa experiencia arredor da folga xeral e as mobilizacións do Día da Muller de 2018. Desde dedicacións e idades moi diversas que implicarían a vivencia dunha folga desde sectores profesionais moi distintos, a idea deste libro era dar conta do pouso que deixou a onda feminista dese día en toda a sociedade galega, amosando que os espazos do debate feminista son tan diversos coma as súas protagonistas. O conxunto de experiencias individuais desexaba amosar a revolución feminista como poliedro, coma un cadro cheo de matices que non só ten implicacións colectivas, senón tamén persoais. E aí, no persoal, foi onde este libro comezou a ser doutra maneira.
Cada unha das oito participantes escribiu sobre o seu 8 de marzo pero, en realidade, contou a súa vida toda, observada desde a ollada feminista que, dun xeito ou doutro, estalou no seu interior ese día.
EAN
9788491512738
Editorial
Año de edición
2018
Páginas
156
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
Colección
SIN COLECCION
Alto
210
Ancho
135
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres