Sinopsis Os galeóns de Rande
Dende aquela moitos buscan aínda o tesouro dos vellos galeóns. Del falaron Xulio Verne, Borrow, o Padre Feijoo... ``Era a frota máis rica que ninguén recorda dacabalo das ondas´´, di un cronista da época.
¿Qué se perdeu e que se logrou salvar de todo aquilo? Había tres anos que non viña das Indias nin unha peza de ouro nin unha onza de prata.
Robert Sténuit, xornalista e arqueólogo, narra neste libro a aventura e os traballos da última expedición que en 1956, cos medios máis adiantados do seu tempo, veu procurar nestes fondos lamacentos o segredo do Santo Cristo de Maracaibo, a espléndida nau capitana. Localizaron os navíos, levantaron os restos, armaron os seus campamentos á beira da ría...