Rosalía 21
Angueira, Anxo
Gallego

Sinopsis Rosalía 21

O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anxo Angueira, ten tres principais realizacións, as tres complementarias: un espectáculo audiovisual baseado na imaxe e na palabra, na poesía e na música; un disco coas gravacións base dese espectáculo e o presente libro. Os tres soportes participaron coordinadamente dun repertorio temático común que tiñan que ver con nove grandes eixos temáticos: a terra, a casa, a emigración, a muller, a sombra, os miserábeis, a revolución, a alborada e Rosalía poeta nacional. No presente libro, para cada apartado propúxoselle a unha persoa a realización dun ensaio. Así Victoria Alvarez Ruíz de Ojeda realizou dúas achegas biográficas; María López Sández aborda "Rosalía e a paisaxe galega"; Iria Sobrino Freire analiza "Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia"; Nancy Pérez Rey estuda "Rosalía de Castro e a emigración. A poeta e Cuba"; Xabier Cordal Fustes revisa as estratexias políticas da autora no traballo "Rosalía de Castro: un método para a liberación"; Daniel Salgado é autor de "Corazón de aceiro: cinco notas sobre o político en Rosalía de Castro"; María do Cebreiro escribe sobre "Rosalía de Castro ou a produción do infinito"; Iago Castro Buerguer fala de "Rosalía de Castro: transgresión e feminismo"; María Reimóndez estuda as traducións e recepción de Rosalía fóra de Galicia; e, por último, Anxo Angueira, editor do volume escribe o traballo "Algunhas visións de Rosalía de Castro", onde se intenta ofrecer unha sucinta visión das consideracións que historicamente se fixeron de Rosalía, como escritora e icona. O libro inclúe, ademais, unha viaxe fotográfica preparada por Uqui Permui, que tamén se ocupou do deseño e maquetación do libro. As traducións foron realizadas por Xabier Xil Xardón (español), María Reimóndez (inglés) e Emma Lázare e Denise Peyroche (francés).
EAN
9788497828802
Editorial
Año de edición
2009
Páginas
312
Idioma
Gallego
Colección
XUNTA DE GALICIA
Alto
205
Ancho
145
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres