Rosalía de Castro
Rosalía De Castro
Gallego

Sinopsis Rosalía de Castro

Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Fráxil e profunda, Rosalía de Castro transitou pola vida con palabras de revelación e misterio, de xeito adverso. Nun país sen voz propia, foi a primeira en atopar o nome non escrito das nosas cousas. Os libros Cantares gallegos e Follas novas, aos que pertencen os versos desta escolma, son textos reivindicativos que enxalzan a terra, a muller galega, os nenos, os vellos, os desposuídos... A poeta muller nunha Galicia analfabeta no seu idioma, a muller orfa de nenez, de saúde precaria e agoniada polas penas, que asumiu a defensa e canto do país, é un mito das letras e da galeguidade, en calquera recuncho do mundo. Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario rosaliano. Imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior... Un libro que se pode expoñer na casa aberto nunha mesa, nun atril... para que ao pasar as páxinas, os seus versos e estampas nos enchan coa súa presenza.
EAN
9788419213587
Año de edición
2025
Páginas
62
Idioma
Gallego
nº colección
LU
Colección
Trece Lúas
Alto
235
Ancho
150
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres