Sinopsis Sentinela, alerta!
Nesta edición actualizada e ampliada, Sentinela, alerta! recolle once textos nos que se aborda o lado máis escuro da condición humana: o exercicio da tortura e os malos tratos inflixidos sobre as mulleres e os máis débiles. O espazo da prisión nos tempos da ditadura unifica unha atmosfera desacougante onde a violencia, a crueldade, a corrupción, a desolación, devoran a dignidade dos seres humanos.