Soño de liberdade
Marisa Castro Cerceda
Gallego

Sinopsis Soño de liberdade

En Soño de liberdade, a xornalista Rocío Cid, a quen coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo en A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e mais a súa avoa, batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía e que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente. Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre os labores agrícolas e gandeiros nos que Sabela se viu obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán. Soño de liberdade é, en definitiva, a historia dunha muller libre e adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.
EAN
9791387987114
Año de edición
2025
Páginas
232
Idioma
Gallego
Colección
SIN COLECCION
Alto
240
Ancho
165
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres