Primeras páginas
Sinopsis S/T
Neste caso s/t significa, ademais, sen terra, e ese demudado título leva a describir todas as perdas, a do espazo e a do tempo, a das coordenadas físicas da infancia nese lugar que xa non será posible se non é a través da palabra e da memoria deformadas pola brétema dos días. Un libro de facer memoria para atopar o inicial e o esencial: as orixes, o xermolo e a raíz, a transición e o transplante, o medrar no dislocado, desposuído xa, sendo o poema a única pegada que ficará despois de que as desaparicións sexan totais e non haxa máis forma de sobrevivir que o intanxible.