Sinopsis Subversións
A subversión é un aturuxo mestizo, profundo e dolorido que sae das entrañas do autor, ateigadas de terra, e sitúanos nunha órbita planetaria desde a que Galicia se ve no Mundo a vista de paxaro.
«Subversións», o libro de poemas de Fran Alonso, supón unha entrega coa que o autor, unha das voces máis destacadas da década dos 90, dá un paso adiante na súa identificable arquitectura poética. «Subversións», ademais, recompila neste mesmo volume toda a obra poética de Fran Alonso anterior a 2001 excepto «Cidades».