Sinopsis Tempos chegados, sobre o futuro político da Galiza
Dos catro ensaios recollidos neste libro, tres aséntanse na institución Estado, mentres que o cuarto e último defende un proxecto situado lonxe desa institución. Pola súa banda, entre os tres primeiros, dous entenden Galiza como unha parte do Estado español, mentres que outro considera, polo contrario, unha Galiza independente. Ten o seu interese salientar como cada un dos autores outorga, nan sua análise, maior importancia a unhas ou a outras materias: o Dereito no texto de Portero, a Historia recente no de Beramendi, a Economía no de Vence e a Historia máis afastada no de Evans. Ambos os dous editores deixan nas mans de quen lea determinar se as opcións lingüístico-ortográficas dos autores teñen algún significado salientable: Portero emprega o castelán, Beramendi e Vence sérvense do galego e Evans escribe en portugués.