Triptico ártabro
Penas, Ánxeles
Gallego

Sinopsis Triptico ártabro

O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escrita como nos seus contidos, cristaliza numerosas claves da súa poética. Está estruturado en tres partes, Territorio, Os anais do vento e Galicia, meu señor, aínda que as sinerxías temáticas, expresivas e formais entre as tres son constantes, producindo unha viva sensación de coherencia e unidade. O título remite ao Portus magnus artabrorum de Estrabón, Pomponio Mela e Plinio, coñecido entre nós como Porto dos Ártabros: o espazo que, co seu núcleo na cidade da Coruña e na Torre de Hércules, abrangue un amplo arco natural que vai desde as terras e os cabos ferroláns até as Illas Sisargas e o inicio da Costa da Morte. Un espazo integrado polas rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol, desde o que se atalaian fermosas e amplas panorámicas do Atlántico. Xavier Seoane
EAN
9788484875673
Año de edición
2022
Páginas
86
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
nº colección
14
Colección
Ventoalto
Alto
210
Ancho
140
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres