Unha bonita escapada
Gavalda, Anna
Gallego

Sinopsis Unha bonita escapada

Publicada en Francia en novembro do 2009, Unha bonita escapada está a ser unha das novidades máis lidas en francés nestes últimos meses. Nesta novela curta cóntase a historia de Simon, Garance e Lola, tres irmáns e irmás que escapan dunha voda que se anuncia especialmente anoxadora. Marchan en procura do máis novo da familia, Vincent, que é guía turístico nun recuncho perdido da campiña francesa. Esquecendo por unhas horas fillos, parellas, divorcios, preocupacións e obrigas sociais, deciden agasallarse por unha vez cunha auténtica e bonita xeira de liberdade. Anna Gavalda é a autora de Xuntos e máis nada, un dos títulos de maior éxito da Biblioteca Compostela, con 3 edicións, e foi Premio Novela Europea do Casino de Santiago no 2005. A nova novela da autora de Xuntos e máis nada. Unha historia áxil, tenra e divertida, na que tamén caben o humor e a crítica dos convencionalismos.
EAN
9788498652796
Editorial
Año de edición
2010
Páginas
124
Encuadernación
Tapa blanda o Bolsillo
Idioma
Gallego
Colección
BIBLIOTECA COMPOSTELA
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres