Vida sa!
Corbacho, María/López, Enrique
Gallego

Sinopsis Vida sa!

Por que teñen tan mala fama as graxas?
En que alimentos encontramos proteínas?
Por que din que hai que beber moita auga?
Queres aprender a preparar algunhas receitas sas e divertidas?
Como podemos facer máis exercicio no noso día a día?

Para medrar, ter forza e non caer enfermos, precisamos comer varias veces ao día e de forma variada, ademais de facer exercicio e de levar unha vida activa.

Mirácheste algunha vez no espello e vícheste mil defectos?
Meteuse alguén contigo polo teu peso?

Coidarse a través da comida e do exercicio é só unha pequena parte da vida sa: quererse e respectarse a un mesmo é o máis importante, e deberiamos seguir este camiño desde o primeiro momento da nosa vida.

En Vida Sa! atoparedes un libro de nutrición básica e de receitas saudables, pero tamén un manual de amor propio para nenos e nenas, para que aprendan a vivir san desde hoxe e para sempre.
EAN
9788494650253
Año de edición
2017
Páginas
40
Encuadernación
Tapa dura
Idioma
Gallego
Colección
PREPARADOS LISTOS...XA!
Alto
300
Ancho
200
Otros lectores lo han calificado con
Déjanos tu opinión
0 opiniones
Tu puntuación
Déjanos tu opinión
/ caracteres