Cupón descuento

Que é un cupón de desconto?

 

É un código especial que che permite aforrar diñeiro na túa compra. Ao introducilo no lugar indicado, aplicarase un desconto nos produtos seleccionados da nosa tenda, a condición de que o cupón estea vixente.

 

 

Onde introduzo o código do cupón?

 

Durante o proceso de compra, atoparás un espazo específico onde poderás pegar ou escribir o código do teu cupón. Xeralmente, este campo sitúase xusto antes de finalizar o teu pedido e realizar o pago.

 

 

Cando se aplica o desconto?

 

O desconto aplicarase automaticamente aos produtos que estean incluídos na promoción do cupón. Por exemplo, se o cupón é para papelería e xogos, só aplicarase a eses produtos.

No caso de que o artigo teña xa aplicado na web un desconto, só aplicarase o desconto de maior valor (xa sexa o cupón ou do desconto aplicado directamente na web). 

Importante: Os libros e os libros de texto teñen un desconto máximo permitido pola Lei 10/2007, do 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas do -5%, polo que non poderá aplicarse ningún cupón cun desconto adicional a este -5% sobre o prezo de ningún libro ou libro de texto.

 

 

Podo usar varios cupóns ou o mesmo cupón varias veces?

 

Polo xeral, cada cupón é válido para un único uso por cliente e compra. Con todo, se hai algunha excepción, indicarémoscho claramente ao momento de enviarche o cupón.

 

 

Cando caduca o meu cupón?

 

A data de caducidade do teu cupón especifícase no correo electrónico que che enviamos ao proporcionarcho. Tamén podes atopar esta información nas bases legais da promoción.

 

 

Podo combinar o meu cupón con outras ofertas?

 

Se tentas combinar varios descontos ou cupóns, só aplicarase o que che ofreza o maior aforro.

 

 

Que pasa se o meu código non funciona?

 

Se o código que estás a utilizar é incorrecto ou xa caducou, notificarémoscho inmediatamente para que poidas tentar con outro ou buscar algunha alternativa.

 

CUPÓNS 2025

CUPÓNS 2025

Neste momento por estar subscrito ás noticias a través de correo electrónico na nosa web tes activo o cupón: 

• (-10%) de desconto en artigos de papelería e xogos. Cupón NON aplicable a libros ou libros didácticos. Activo desde o 01/07/2025 ata o 15/09/2025. Como conseguilo? simplemente subscribíndoche á nosa newsletter para manterche ao día de todas as novidades e promocións de imosver, dispós dun formulario no pé de páxina da nosa web. Ou tamén podes poñerche en contacto co noso equipo de att. ao cliente a través de mail ou chatweb.