Día do Libro

A mellor selección de libros para o Día do Libro 2025

O Día do Libro 2025 é a ocasión perfecta para gozar dunha boa lectura. Por iso, nesta data tan especial realizamos unha ampla selección de títulos para diversos públicos

BEST SELLERS

INFANTIL

ADULTO

PAPELERÍA

Libros de ficción para o Día do Libro

En Imosver, sabemos o importante que é atopar o libro perfecto para cada persoa, polo que preparamos unha selección especial de recomendacións de lectura para o Día do Libro.

Se che apaixona a ficción encantarache “La asistenta” un thriller psicolóxico que está a arrasar de forma internacional. Para gozar dunha fantástica historia de narrativa histórica recomendamos a terceira parte de “La catedral del Mar” que está a triunfar, unha cegadora novela épica materializada “En el amor y en la Guerra”. Tamén che cativará “El plan maestro” de Javier Sierra, unha esperadísima volta ás librerías deste mestre do misterio.

Libros de no ficción para o Día do Libro

En cambio, se amas a lectura de non ficción podes optar polo clásico “Hábitos atómicos” de James Clear, onde nos revela exactamente como os cambios minúsculos poden crecer ata chegar a cambiar a nosa carreira profesional, as nosas relacións e todos os aspectos da nosa vida. E cargado de misterio, recomendamos “El hijo olvidado” de Mikel Santiago, un thriller maxistral no corazón do País Vasco.

Libros young adult que triunfan en booktok

Dentro da categoría young adult, o noso favorito indiscutible segue sendo "Alas de sangre", a primeira entrega da saga Empíreo. A novela de fantasía máis brutalmente adictiva do momento que xa ten parte 3! “Alas de ónix”. Tamén atopamos entre os favoritos imprescindibles deste ano a triloxía de éxito “Powerless” completada recentemente. E por suposto, “Amanecer en la cosecha”, o quinto libro da saga Los Juegos del Hambre.

Libros xuvenís que enganchan á lectura

Doutra banda, se o que estás a buscar son libros xuvenís, podemos recomendarche “El Rulas y la motillo perdida” de Animalize21. O Rulas é o personaxe máis popular da canle de Animalize. Aínda que no libro aparecen outros personaxes tamén moi coñecidos como a Rulos, o Ruso, a Nai, a Avoa, Carlitos, Santi ou Paula.

Libros infantís que regalar no Día do Libro

Por último, se desexas regalar un libro aos máis pequenos da casa, recomendámosche a nosa selección de libros infantís. Entre os que destacamos, “Mi mamá es la mejor” de Bluey, un libro pensado para gozar na compañía de nais e fillos e unha opción xenial para o Día da Nai e “Diario de Greg 18 - Descerebrados” de Jeff Kinney, a entrega máis recente da serie superventas Diario de Greg e un auténtico fenómeno mundial.

En resumo, hai unha ampla variedade de títulos cos que poderás gozar dunha lectura amena nesta data tan especial. Ademais, se desexas regalar un libro para o Día do Libro, a nosa selección axudarache a atopar o que mellor se adapte aos seus gustos. Senón, os nosos libros máis vendidos axudaranche a tomar a decisión. Elixe o que máis se axuste ao que estás a buscar e goza dos nosos descontos polo Día do Libro!