San Valentín

Este libro é esa historia que queres contarlle.

Enemies to lovers

Friends to lovers

Slow Burn:

Grumpy x Sunshine:

QUE LIBROS AGASALLAR EN SAN VALENTÍN?

San Valentín é o momento perfecto para agasallar un libro con significado, unha historia capaz de emocionar, conectar e dicir moito máis ca calquera outro agasallo. En Imosver elaboramos unha selección especial de libros para San Valentín, pensada para celebrar o amor en todas as súas formas: o que nace da tensión, o que medra desde a amizade ou o que aparece cando menos se espera.

Dentro da nosa selección destacan as historias baixo a temática “Enemies to Lovers”, un dos tropes románticos e de fantasía máis demandados nos últimos anos. Relatos nos que a rivalidade, os conflitos e as diferenzas iniciais se transforman nunha atracción imposible de ignorar. Para quen goza de romances intensos ambientados en mundos épicos, recomendamos Alas de Ónix (Empíreo 3), a esperada continuación da saga Empíreo. Unha historia na que a tensión emocional e os vínculos forxados na adversidade demostran que, mesmo entre inimigos, poden xurdir conexións máis poderosas ca calquera xuramento.

Para quen cre nos amores que medran a lume lento, creamos unha sección dedicada a “Friends to Lovers”, historias nas que a amizade se converte, case sen decatarse, en amor. Relacións construídas a partir da confianza, do apoio mutuo e dos pequenos xestos cotiáns. Nesta categoría destaca Heartstopper, no seu último capítulo da saga, unha obra que se converteu nun referente do romance contemporáneo. Unha historia sensible e luminosa que celebra o amor xuvenil, a identidade e a importancia das relacións que nos fan sentir na casa.

Se estás a buscar o libro perfecto para regalar en San Valentín, a nosa selección axudarache a atopar unha historia que encaixe coa vosa maneira de amar. Porque non todos os agasallos din o mesmo… pero un bo libro pode contalo todo. ❤️📖

Consellos para regalar o libro perfecto en San Valentín