Trátase dun texto non definitivo, mais si completo e rematado, que Anxo Rei Ballesteros empezou a escribir a man en Codeso (Boqueixón) no mes de agosto do 2007 e que estaba a pasar a unha versión final mecanoscrita cando a enfermidade lle impediu continuar. Tanto o manuscrito como a parte mecanografada foron profusamente corrixidas polo autor, correccións que esta edición recolle. Na novela, un vello cóntalles a uns mozos a historia de Aurelio, que intenta fuxir dunha morte segura, a mans duns falanxistas, pouco despois da sublevación militar de 1936. Rei Ballesteros aborda nela algunhas das preocupacións principais da súa singular e inesquecible obra literaria. A idea da identidade como máscara, o tempo e a linguaxe como xeitos de expresión da incerteza da realidade. Entre as características literarias desta obra destaca o papel da oralidade como método narrativo; o autor opta pola palabra dinámica, achegada á fala, en prexuízo da lingua formalizada. En A noite do moucho, a comunicación oral é fundamental para facer da obra literaria un texto no que o receptor atope, coma nun diálogo, a posibilidade de participar, de cuestionar a verdade do escrito.
Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.
-5%
Antes:15,10 €
Despois14,35 €
IVE incluído

A noite do moucho es un libro del género NARRATIVA del autor Rei Ballesteros, Anxo A. editado por GALAXIA en el año 2009.
A noite do moucho tiene un código de ISBN 978-84-9865-240-6 y consta de 120 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de A noite do moucho en formato ebook.
20,85 € 19,81 €
20,05 € 19,05 €
18,00 € 17,10 €
17,05 € 16,20 €
20,60 € 19,57 €
24,15 € 22,94 €
16,60 € 15,77 €
13,95 € 13,25 €
21,00 € 19,95 €
19,00 € 18,05 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade