Camilo Nogueira ofrece nÆ A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, "Provincia ou nación" (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolución histórica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, "O imperio declinante" (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década). Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.
-5%
Antes:24,50 €
Despois23,28 €
IVE incluído
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

A terra cantada es un libro del género LITERATURA del autor Nogueira, Camilo editado por XERAIS en el año 2006.
A terra cantada tiene un código de ISBN 978-84-9782-429-3 y consta de 408 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de A terra cantada en formato ebook.
22,00 € 20,90 €
20,95 € 19,90 €
33,50 € 31,83 €
23,55 € 22,37 €
25,00 € 23,75 €
15,00 € 14,25 €
40,01 € 38,01 €
10,40 € 9,88 €
12,95 € 12,30 €
14,90 € 14,16 €
19,50 € 18,53 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade