Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza. A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentais como "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan". Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.
-5%
Antes:19,50 €
Despois18,53 €
IVE incluído
Descatalogado

As chamadas perdidas es un libro del género LITERATURA del autor Rivas, Manuel editado por XERAIS
As chamadas perdidas tiene un código de ISBN 978-84-8302-811-7 y consta de 216 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de As chamadas perdidas en formato ebook.
17,00 € 16,15 €
23,45 € 22,28 €
12,00 € 11,40 €
12,00 € 11,40 €
10,95 € 10,40 €
21,90 € 20,81 €
15,00 € 14,25 €
40,01 € 38,01 €
10,40 € 9,88 €
14,90 € 14,16 €
19,50 € 18,53 €
20,50 € 19,48 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade