As mulleres na Filosofía
As mulleres na Filosofía Fernández Buján, Inés
Editorial:
BAIA
Ano de edición:
2006
Materia:
FILOSOFÍA
ISBN:
978-84-96526-48-8
EAN
9788496526488
Páxinas:
136
Colección:
Baía Ensaio
Alto:
240 Alto
Ancho:
170Ancho
Idioma:
GALEGO

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

-5%

16,55 €

15,72 €

IVE incluído

DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

Engadir á cesta

Engadir a favoritos

As mulleres na Filosofía es del autor Fernández Buján, Inés y trata de

As mulleres na Filosofía es un libro del género POLÍTICA, RELIXIÓN E FILOSOFÍA de FILOSOFÍA del autor Fernández Buján, Inés editado por BAIA en el año 2006.

As mulleres na Filosofía tiene un código de ISBN 978-84-96526-48-8 y consta de 136 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de As mulleres na Filosofía en formato ebook.

Otros libros de FILOSOFÍA

Antropologia e historia

-5%

Antropologia e historia
Gottfried Herder, Johann
COMPLUTENSE ASOC-PRENSA

16,00 € 15,20 €

Worringer

-5%

Worringer
De La Encina, Juan
COMPLUTENSE ASOC-PRENSA

18,00 € 17,10 €

FILOSOFIA EN INVIERNO

-5%

FILOSOFIA EN INVIERNO
Johnson, Samuel
KRK EDICIONES

16,95 € 16,10 €

Otros libros de BAIA

Aristoteles

-5%

Aristoteles
Marcos, Alfredo
BAIA

6,75 € 6,41 €

(G)HISTORIA DA FILOSOFIA 2ºBACH

-5%

FILOSOFIA

-5%

FILOSOFIA
SUSANA ABUIN
BAIA EDICIONS

20,63 € 19,60 €