AA.VV
Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras: ensino e literatura. Un camiño de ida e volta recolle un abano de traballos asinados por mulleres que sentiron a necesidade, desde as súas atalaias de docentes-investigadoras, de iluminar o labor desas conxéneres que puxeron a semente e fixeron medrar o noso patrimonio cultural.
Nun primeiro bloque, ?María Victoria Moreno: ensino e literatura?, revísase e ponse en valor o seu quefacer creativo na emerxencia e consolidación do sistema literario infantil e xuvenil galego, así como a súa axencia renovadora na institución escolar. Este achegamento á autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018 permite aproximarse a outras das pioneiras da literatura galega para as primeiras idades, que tamén conxugaron o binomio ensino-literatura para formar desde a lectura literaria nas aulas.
A mirada atenta sobre esas ?Nosoutras?, que superaron unha dupla marxinalidade ?a de ser mulleres e escritoras en lingua galega?, amplifícase no segundo bloque centrado na ?Educación literaria e artística?. Nas súas páxinas a muller galega é o epicentro de achegas que transitan entre a crítica textual, as constelacións literarias, as lecturas coeducativas e a banda deseñada. A referencialidade da muller mantense nas propostas enfiadas desde os códigos doutras manifestacións artísticas como son as cartografías da memoria, o cinema de animación e os autorretratos.
-5%
Antes:15,00 €
Despois14,25 €
IVE incluído
Descatalogado

Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras es un libro del género POLÍTICA, RELIXIÓN E FILOSOFÍA de PEDAGOXÍA del autor AA.VV editado por HERCULES EDICIONES en el año 2020.
Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras tiene un código de ISBN 978-84-122537-6-4 y consta de 224 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Educar en feminino. María Victoria Moreno e nosoutras en formato ebook.
18,50 € 17,58 €
14,50 € 13,78 €
14,00 € 13,30 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade