Nos Exercicios de estilo, que verqueron para o galego os prestixiosos traductores Henrique Harguindey e Xosé Manuel Pazos, o autor pon sobre a escena todo un coro de personaxes que interpreta, a modo de composición musical, a mesma corta anécdota contada de 99 maneiras distintas. Rexistros idiomáticos, xéneros literarios, xogos de palabras, situacións persoais, perspectivas narrativas, recursos estilísticos, niveis sociais e outros diferentes enfoques mestúranse e organízanse nunha obra que sería errado considerar coma unha simple proeza lingüística, unha pura demitificación literaria ou un mero virtuosismo compositivo.En palabras do traductor, Henrique Harguindey:Estando presentes a creación verbal, a enxeñería matemática, o retrato social, o distanciamento expositivo e tantos outros ingredientes, o conxunto forma unha obra superior, que ten como resultado o que autor queria conseguir: " desincrutar a literatura das súas diferentes ferruxes, das súas costras, desincrustar a literatura das cousas futíles que con frecuencia non vemos " .A través destes Exercicios de estilo, Quenau destripa a linguaxe para examinar o seu funcionamento desarticulando e articulando as súas pezas. E sobre todo, xoga e ri. Porque quere poñer de manifesto que a linguaxe é unha fonte de pracer. Que a lingua, á par doutras funcións, ten tamén unha función lúdica.
-5%
Antes:13,95 €
Despois13,25 €
IVE incluído

Exercicios de estilo del autor Queneau, Raymond editado por XERAIS
Exercicios de estilo tiene un código de ISBN 978-84-7507-914-1. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Exercicios de estilo en formato ebook.
19,00 € 18,05 €
7,95 € 7,55 €
23,00 € 21,85 €
19,00 € 18,05 €
17,00 € 16,15 €
23,50 € 22,33 €
52,04 € 49,44 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade