Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolle
un conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pintura do século pasado, con especial atención á produción do movemento renovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,
na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte era
conscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácter
conflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes,
desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante que
deitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendo
os labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado e
o mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo,
desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso que non é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súas singularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo de entreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte de modernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración na arte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica do
noso románico e barroco.
A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender por unha visión previa que le a produción galega desde un a priori que a
reduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artística
desde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén na lectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actual da nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes,
desemellantes mais non incompatíbeis.
-5%
Antes:16,94 €
Despois16,09 €
IVE incluído

Fronte da Arte es un libro del género ARTE, ARQUITECTURA, CINE E FOTOGRAFÍA de PINTURA, ESCULTURA, DANZA E TEATRO del autor López Benárdez, Carlos editado por LAIOVENTO (IBD) en el año 2020.
Fronte da Arte tiene un código de ISBN 978-84-8487-465-2 y consta de 146 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Fronte da Arte en formato ebook.
16,95 € 16,10 €
24,95 € 23,70 €
24,95 € 23,70 €
19,95 € 18,95 €
44,95 € 42,70 €
15,00 € 14,25 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade