Este é o terceiro caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático. Ampliamos o traballo da serie numérica ata o 5, insistindo en contar obxectos, no grafo, na relación entre cantidade e grafo, e na resolución das series ascendentes e descendentes. Todas estas actividades han axudar o neno no proceso de abstracción da noción de "cantidade". Este proceso vaise ver reforzado co traballo dos cuantificadores, que presenta situacións nas que o alumnado debe establecer comparacións cuantitativas entre dous conxuntos de elementos, recorrendo á contaxe destes. Para continuar co desenvolvemento da capacidade de clasificación e de seriación, ampliamos estas actividades introducindo o uso de dous atributos. Nesta caderno incluímos dúas cores novas: a laranxa e a marrón. Neste sentido, o alumnado avanza no proceso de organización da realidade, feito que lle permite ir coñecéndoa mellor. No que respecta á Xeometría, insistimos no traballo das tres formas planas básicas (círculo, cadrado e triángulo), procurando que as poidan recoñecer e identificar no seu medio. Co fin de lle seguir axudando ao neno no proceso de coñecemento do seu medio, introducimos nocións espaciais novas (a un lado-ao outro lado; diante-detrás), que lle van permitir localizar e situar os obxectos no espazo. Co mesmo obxectivo, ofrecemos neste caderno os atributos de lonxitude (longo-curto) e de peso (lixeiro-pesado), presentando actividades nas que o neno deberá realizar unhas primeiras estimacións a partir da observación de determinadas calidades dos obxectos. Para a adquisión da noción de "tempo", cómpre partir de vivencias próximas ao neno. Neste caderno, para traballar os conceptos "mañá", "tarde", "noite", propoñemos situacións cotiás que son ben coñecidas por todos os nenos.
-5%
Antes:7,50 €
Despois7,13 €
IVE incluído
Descatalogado

(G).(13).CAD.MATEMOLA 3.(GALICIA).(ED.INFANTIL), de la editorial EVEREST, es un libro editado por EVEREST en el año 2013.
Al libro de texto (G).(13).CAD.MATEMOLA 3.(GALICIA).(ED.INFANTIL) le pertenece el código de ISBN 978-84-403-1248-8. En este caso se trata de formato papel y no disponemos de (G).(13).CAD.MATEMOLA 3.(GALICIA).(ED.INFANTIL) en formato ebook.
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade