A rapa das besta de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional.
Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa
e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser prerromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos.
Antigamente o curro estaba a carón da igrexa parroquial, pero a finais do século XX mudouse a unha zona despoboada cara ao norte da aldea.
En 2010 había máis de 600 cabalos -chamadas bestas as femias e garañóns os machos-, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips.
O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se procede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade da rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país.
O sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrón de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.
A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudoso Manuel Cabada Castro, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.
-5%
Antes:20,00 €
Despois19,00 €
IVE incluído

(g).a rapa das bestas de sabucedo es un libro del género NARRATIVA del autor Cabada Castro, Manuel editado por IR INDO
(g).a rapa das bestas de sabucedo tiene un código de ISBN 978-84-7680-761-3. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de (g).a rapa das bestas de sabucedo en formato ebook.
20,00 € 19,00 €
10,76 € 10,22 €
15,00 € 14,25 €
25,00 € 23,75 €
14,50 € 13,78 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
19,00 € 18,05 €
11,13 € 10,57 €
20,00 € 19,00 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade