Publicados por vez primeira en 1982 e reeditados en tres ocasións, esta nova edición de Contos de tras da corda, dentro da colección Xerais Peto, constitúe un acontecemento a celebrar. Esta primeira obra en lingua galega de Carlos G. Reigosa, un dos nosos grandes narradores das dúas últimas décadas, foi valorada unanimemente pola crítica.Así para o escritor Alfredo Bryce Echenique: "foi un pracer ler estes contos, que me trouxeron ecos de grandes literaturas".Para o xornalista Juan Soto: "Os contos de Homes de tras da Corda empatan coa tradición narrativa galega ó noso xuízo máis valiosa, na que ademais de A lus do candil de Anxel Fole, habería que incluír os Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo, Dos arquivos do trasno de Dieste, Retrincos de Castelao, e, posiblemente, algunhas páxinas do xa inencontrable O vello mariñeiro toma o sol de Eugenio Montes".Para Valentín Paz Andrade: "O narrador de Homes de tras da Corda forxa unha prosa fluída de alta transperencia semántica, de autenticidade inobxectable".Para o xornalista Perfecto Conde: "Reigosa recupera un vello estilo de contar historias, entroncado ao mesmo tempo cunha tradición doutros países e doutras persoas, como pode ser o caso do mexicano Juan Rulfo".Para Dorinda Castro Soliño: "As aldeas reciben -cal Macondo, sorprendido ante a chegada do xeo- os últimos adiantos tecnolóxicos que transforman a súa/nosa maneira de vivir (...) o autor actúa como un demiurgo no topos ou mundo literario que el recrea".
-5%
Antes:6,85 €
Despois6,51 €
IVE incluído

Homes de tras da Corda del autor González Reigosa, Carlos editado por XERAIS
Homes de tras da Corda tiene un código de ISBN 978-84-8302-589-5. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Homes de tras da Corda en formato ebook.
5,95 € 5,65 €
19,75 € 18,76 €
17,50 € 16,63 €
16,64 € 15,81 €
23,50 € 22,33 €
52,04 € 49,44 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade