IDIOMA E SOCIEDADE.
Sobre normalización e planificación da lingua galega
Nesta obra reflexiónase sobre a lingua galega e abórdanse cuestións relativas á súa normalización e planificación, ben como a outros aspectos da súa vinculación coa sociedade, sempre na perspectiva de procurar a vía adecuada para lle garantir un futuro digno como lingua nacional da Galiza. Máis do que un libro de sociolingüística galega, trátase duns apuntamentos sobre diversos aspectos da realidade social do idioma feitos por unha persoa que se veu dedicando durante boa parte da súa actividade como profesor universitario a estudar a lingua galega desde distintas vertentes. Alén do posicionamento persoal do autor sobre a realidade social desta, moitas outras persoas expertas, galegas e foráneas, foron convocadas a exporen e confrontaren as súas ideas, na procura dunha visión plural da realidade social do galego, dos seus problemas e das súas perspectivas de futuro. É, pois, esta unha obra polifónica, onde o autor, sen ocultar en ningún momento a súa opinión sobre diferentes temas que afectan a lingua e a sociedade galega, ofrece outros puntos de vista que veñen enriquecer o debate e a busca de solucións para unha lingua necesitada de reorientar o seu futuro. Deste modo, temas como o binormativismo, o sesquilingüismo ou o ecolingüismo ocupan un lugar destacado, ao lado doutros máis tradicionais como o bilingüismo, o imperialismo lingüístico ou o reintegracionismo.
-5%
Antes:24,95 €
Despois23,70 €
IVE incluído
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Idioma e sociedade es un libro del género LITERATURA de ENSAIOS del autor Xosé Ramón Feixeiro Mato editado por LAIOVENTO (IBD)
Idioma e sociedade tiene un código de ISBN 978-84-8487-485-0 y consta de 294 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Idioma e sociedade en formato ebook.
20,80 € 19,76 €
18,70 € 17,77 €
20,80 € 19,76 €
30,00 € 28,50 €
29,99 € 28,49 €
34,95 € 33,20 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade