Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .
-5%
Antes:14,90 €
Despois14,16 €
IVE incluído

Irmán Rei Artur es un libro del género INFANTIL E XUVENIL de del autor Reigosa, Carlos G. editado por XERAIS
Irmán Rei Artur tiene un código de ISBN 978-84-8302-606-9 y consta de 160 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Irmán Rei Artur en formato ebook.
13,95 € 13,25 €
20,95 € 19,90 €
22,95 € 21,80 €
14,50 € 13,78 €
22,50 € 21,38 €
25,95 € 24,65 €
14,96 € 14,21 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
12,95 € 12,30 €
12,95 € 12,30 €
14,90 € 14,16 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade