Mercedes Tella Comas (1868-1934)
Mercedes Tella Comas (1868-1934) Romero Masiá, Ana
Editorial:
BAIA
Ano de edición:
2022
Materia:
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9995-386-1
EAN
9788499953861
Páxinas:
240
Encadernación
RUSTICA
Colección:
Baía Ensaio
Alto:
220 Alto
Ancho:
150Ancho
Idioma:
GALEGO

Mercedes Tella foi un referente destacado na vida da cidade durante o primeiro terzo do século XX e co seu traballo e actividade deu o mellor exemplo da reivindicación do papel que a muller debía ter na sociedade. Podería ter un posto merecido na historia da Coruña con so realizar o traballo docente e de Dirección da Escola Normal durante máis de 20 anos, pero non se conformou con iso senón que redobrou o seu traballo e esforzo demostrando que as mulleres podían e debían estar presentes e actuando de forma activa na vida cultural, científica e social, sen esquecer a colaboración na atención á infancia fóra das aulas ou aos presos nos cárceres. Admiradora de Concepción Arenal, estreita colaboradora de Manuel Casás, de pensamento conservador e católico, non dubidou en defender valores progresistas en educación como a defensa da coeducación ou o papel que debían ter os libros e os xogos na educación da infancia, o que lle permitiu ser unha das más destacadas renovadoras da pedagoxía das Escolas Normais en Galicia no primeiro terzo do século XX. *** [...] Mercedes Tella Comas, da que só se publicaran até o momento breves perfís biográficos elaborados con datos fragmentarios, é unha das afortunadas coruñesas que Ana Romero Masiá elixiu para lle dedicar  todo o seu bo facer, toda a súa entrega e talento, coa finalidade de nos ofrecer esta máis que completa monografía. Tella saltou do século XIX ao XX, cunha bagaxe de coñecementos e experiencias pouco común nas  mulleres do seu tempo, e atravesou tres décadas do XX para se converter, xunto con outras compañeiras de oficio, nunha das artífices  das transformacións das Escolas Normais no primeiro terzo do século. Ao longo das páxinas deste sólido ensaio, a autora recupera a vida e obra dunha mestra que non foi anónima porque en vida gozou de gran recoñecemento público e faino de forma exhaustiva e documentada. Nada escapa á pescuda perseverante, á ollada atenta de Ana Romero, investigadora moi rigorosa, do que xa deu mostras na súa extensa bibliografía. Por cinxírmonos ás investigacións de xénero, aí están, por exemplo, os seus traballos sobre as cigarreiras coruñesas, as salgadeiras e conserveiras galegas, ou os dedicados á reconstrución biográfica de figuras senlleiras da nosa historia como María Barbeito:  unha vida ao servizo da escola e dos escolares (2014), ou os que fixo  en colaboración con Carlos Pereira sobre o asociacionismo feminino progresista da Coruña ou sobre Emilia Calé Torres. Saudamos con ledicia a aparición deste libro, que, para alén de reconstruír a inspiradora vida de Mercedes Tella, contén un interesante aparato gráfico e uns valiosos anexos (discursos, conferencias, crónicas xornalísticas sobre diferentes intervencións) que permiten coñecermos ben o seu pensamento. Un excelente contributo para ir completando a historia das mulleres galegas, que aínda ten bastantes páxinas en branco [...]. (do Limiar, Aurora Marco)

-5%

19,80 €

18,81 €

IVE incluído

Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña es del autor Romero Masiá, Ana y trata de

Mercedes Tella Comas (1868-1934) es un libro del género LITERATURA de ENSAIOS del autor Romero Masiá, Ana editado por BAIA en el año 2022.

Mercedes Tella Comas (1868-1934) tiene un código de ISBN 978-84-9995-386-1 y consta de 240 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Mercedes Tella Comas (1868-1934) en formato ebook.

Disponemos también de otros títulos del autor Romero Masiá, Ana que podemos encontrar en nuestra tienda online de libros además de Mercedes Tella Comas (1868-1934). Mestra e directora da Escola Normal de Mestras da Coruña

Otros libros de ENSAIOS

Afers (no tan) estrangers

-5%

Afers (no tan) estrangers
ANGLADA, MARTI
MINA

20,80 € 19,76 €

Adéu Boadella

-5%

Adéu Boadella
SIMO, ISABEL-CLARA
MINA

18,70 € 17,77 €

Els bons salvatges

-5%

Els bons salvatges
SAEZ MATEU, FERRAN
MINA

20,80 € 19,76 €

Otros libros de BAIA

Moito que contar

-5%

Moito que contar
Viña Varela, Ramón
BAIA

24,00 € 22,80 €

As mulleres nas Matemáticas

-5%

Mulleres espontaneadas

-5%

Mulleres espontaneadas
Arcay Barral, Ángel
BAIA

12,00 € 11,40 €