Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.
Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.
Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa cultura sentimental.
Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas deste recuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixto quedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contos tantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo. Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadas nas lumieiras das portas, o "E" de España, o "G" de Galicia ou o "P" de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparición destes sinais.
Este territorio bretemoso -que para os seus moradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxida que deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- tamén comparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético da Raia fronteiriza.
Luís Manuel García Mañá
-5%
Antes:10,00 €
Despois9,50 €
IVE incluído

O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS es un libro del género NARRATIVA de MITOS, LENDAS E SAGAS del autor José Rodríguez Cruz editado por LAIOVENTO (IBD)
O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS tiene un código de ISBN 978-84-8487-407-2 y consta de 86 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS en formato ebook.
10,00 € 9,50 €
12,00 € 11,40 €
19,95 € 18,95 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade