Dende que se soubo que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia escolleran o concello de Palas de Rei para construír a fábrica de celulosa soluble máis grande de Europa, miles de persoas rebeláronse contra un proxecto que ameaza non só a comarca da Ulloa, senón o conxunto da nosa terra. Especialistas de diversas disciplinas científicas están a advertir sobre os efectos catastróficos que esta actividade industrial tería en ámbitos como a economía, a saúde ou o medio ambiente. Mais, até agora, ninguén se parou a analizar o magma que ferve na enxurrada de indignación que está a percorrer Galiza enteira. Isto quizais se deba a que ese pulo é tan persoal e de cadaquén que nunca se poderá elevar á categoría de verdade universal nin servirá para soster argumentos obxectivos.
Agora, co presente ensaio, Xosé de Cea, escritor con raíces palenses e melidao de padrón, aborda a problemática dende unha perspectiva radicalmente emocional e subxectiva. Para facelo, tira de memoria, andainas, lecturas, sentimentos e intuición coa arela de tecer unha trama de reflexións arredor do que supón este novo despropósito empresarial para un habitante da Terra do Medio, ademais de tentear as actitudes que cómpre esgrimir para enfrontalo.
-5%
Antes:14,96 €
Despois14,21 €
IVE incluído

O que estou a dicir cando digo «Altri non». es un libro del género POLÍTICA, RELIXIÓN E FILOSOFÍA de POLITICA del autor Xosé de Cea editado por LAIOVENTO (IBD)
O que estou a dicir cando digo «Altri non». tiene un código de ISBN 978-84-8487-722-6 y consta de 96 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de O que estou a dicir cando digo «Altri non». en formato ebook.
12,00 € 11,40 €
19,75 € 18,76 €
14,99 € 14,24 €
14,89 € 14,15 €
21,95 € 20,85 €
16,64 € 15,81 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade