O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da "Xente Grande". Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros.En As dúas torres, o segundo volume desta triloxía, desfeita a Irmandade do Anel, a Frodo e ó seu fiel Sam tócalles percorrer o camiño máis escuro na súa viaxe á Terra das Tebras. Paralelamente, os restantes membros da Compañía vense envoltos en batallas, descubrimentos e sucesos extraordinarios que constituirán o escenario principal da Guerra do Anel.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.
-5%
Antes:19,95 €
Despois18,95 €
IVE incluído

O Señor dos Aneis II es un libro del género INFANTIL E XUVENIL de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS del autor Tolkien, J. R. R. editado por XERAIS en el año 2002.
O Señor dos Aneis II tiene un código de ISBN 978-84-8302-826-1 y consta de 440 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de O Señor dos Aneis II en formato ebook.
22,95 € 21,80 €
20,95 € 19,90 €
35,00 € 33,25 €
38,00 € 36,10 €
17,95 € 17,05 €
19,95 € 18,95 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
13,95 € 13,25 €
14,90 € 14,16 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade