Título: Os santos das nacións
Subtítulo: Reliquias e lendas de conversión en Europa
O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado que só se pode manter viva gracias á práctica da liturxia; e sobre todo gracias á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Somentes o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Edade Media.
O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e a veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.
Neste libro pode verse un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo de eses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación , e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como regalos.
Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, nos casos dos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Santiago, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos, como Xosé de Arimatea, protector de Inglaterra, Andrés, apóstolo e patrón de Escocia e María Magdalena, a patrona de Francia que recibiu culto en Vezelay e na Provenza, ata chegar á Revolución Francesa.
-5%
Antes:22,95 €
Despois21,80 €
IVE incluído
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Os santos das nacións es un libro del género HISTORIA del autor José Carlos Bermejo Barrera editado por LAIOVENTO (IBD)
Os santos das nacións tiene un código de ISBN 978-84-8487-512-3 y consta de 286 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Os santos das nacións en formato ebook.
15,03 € 14,28 €
16,07 € 15,27 €
20,00 € 19,00 €
29,95 € 28,45 €
19,90 € 18,91 €
24,95 € 23,70 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade