Aínda había guerra en xaneiro de 1945 cando se inicia a deportación aos campos de traballos forzados en Ucraína da minoría alemá en Romanía. Nese momento comeza a historia que relata Leo Auberg, un mozo de dezasete anos, obrigado a abandonar a súa vila, no momento xusto. Porque a el xa lle sucedera algo: "Prohibido", "raro, sucio, vergoñento e fermoso". Formar parte da listaxe dos rusos era para el unha situación aceptábel. Cinco anos vai manterse con vida no Campo, coa experiencia da fame e do frío, co terríbel cansazo, co tedio, coa dúbida de se na súa casa saberán se continúa con vida, co desexo e co medo do regreso. Leo Auberg regresa e xa non ten lugar no mundo entre persoas farturentas de lar, a lingua e as imaxes que crea seguen a mantelo na vida, sesenta anos despois, cando continúa comendo contra a morte de fame. Herta Müller, coas fermosas palabras do poeta Oskar Pastior, cos seus recordos e cos doutras testemuñas devólvenos unha parte da historia de Europa, da ferocidade do século XX, no que a inocente palabra Campo, se converte en símbolo do horror. "Esta é unha obra, que neste momento sobresae sobre todas as demais; unha lectura que parte o corazón e nos fai seres humildes e sinxelos." Felicitas von Lovenberg, " Frankfurter Allgemeine Zeitung " "A súa obra, cuxa forza se alimenta co terror, é ao mesmo tempo rica en beleza e unha sorte para quen le." Volker Weidermann, " Frankfurter Allgemeine Sonntagszeitung "
-5%
Antes:24,50 €
Despois23,28 €
IVE incluído
Descatalogado
Si tu compra supera los 19 €, los gastos de envío gratis. Ver detalles

Randea do alento es un libro del género NARRATIVA del autor Müller, Herta editado por XERAIS en el año 2010.
Randea do alento tiene un código de ISBN 978-84-9914-099-5 y consta de 312 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Randea do alento en formato ebook.
8,95 € 8,50 €
17,95 € 17,05 €
17,95 € 17,05 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
16,90 € 16,06 €
19,90 € 18,91 €
17,90 € 17,01 €
21,90 € 20,81 €
23,50 € 22,33 €
21,95 € 20,85 €
19,95 € 18,95 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade