Ruth Matilda Anderson (Nebraska, 1893-Nova York, 1983), conservadorada Hispanic Society of America, ficou na periferia dos rexistros literarios galegos durante case un século, mesmo malia ser a maior tradutora de Rosalía de Castro co par galego-inglés ata 1964. Neste libro desenmascáranse os diferentes mecanismos que, consonte o investigado por Alba Rodríguez Saavedra,
desde 1939, operaron e operan para manter afastada do noso sistema Gallegan Provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña, a monografía referencial de Anderson sobre Galicia e a única desta tipoloxía que publicou.
Nela, ademais das devanditas traducións e de presentar unha análise exhaustiva do país alicerzada na documentación histórica, literaria e etnográfica, reflíctese con claridade, a través da cesión da palabra ás protagonistas, a dureza da vida das mulleres rurais da altura, así como o compromiso feminista de dúas escritoras paradigmáticas, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán.
Ruth Matilda Anderson, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta, reivindicou a Galicia do campesiñado, das mulleres e da infancia, trasladando unha visión complementaria á que tradicionalmente ofreceu a nosa historiografía canónica. Esta subversión, baseada nun proceso de tradución de dobre vía (galego-inglés e inglés-galego), puido ser, consonte se argumenta neste libro, o motivo da súa expulsión ás marxes, desde onde agora é reclamada para recuperarmos os testemuños dun tempo e dunhas vidas quese nos ocultaran.
-5%
Antes:19,95 €
Despois18,95 €
IVE incluído

Ruth Matilda Anderson es un libro del género BIOGRAFÍAS del autor Alba Rodíguez Saavedra editado por LAIOVENTO (IBD) en el año 2025.
Ruth Matilda Anderson tiene un código de ISBN 978-84-8487-730-1 y consta de 198 Páxinas. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de Ruth Matilda Anderson en formato ebook.
10,00 € 9,50 €
20,05 € 19,05 €
24,95 € 23,70 €
14,89 € 14,15 €
13,89 € 13,20 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade