Elementos de Euclides é un clásico no sentido orixinal do termo pois, malia ter sido escrito xa iniciado o período helenístico, constitúe unha presentación maxistral das matemáticas coñecidas polos gregos ata o ano 300 a. C., a meirande parte delas desenvolidas na Grecia clásica por matemáticos como Pitágoras, Teeteto e Eudoxo.
A obra é fundamental non só polo seu contido matemático senón tamén pola forma de presentalo, xa que establece por primeira vez o método axiomático, tan relevante na posterior evolución das matemáticas ata o día de hoxe.
A influencia dos Elementos no eido da ciencia é incalculable e probablemente se trate do texto científico máis traducido e editado. Usado con exclusividade ata a aparición das xeometrías non euclidianas no século XX continuaba a ser empregado como texto matemático básico. Ademais, influíu decisivamente na arquitectura a través da teoría da proporción: na pintura, onde tivo un papel fundamental no desenvolvemento da perspectiva, e mesmo na máis actual matemática computacional. Un clásico con maiúsculas, que, en definitiva, semella modularse segundo os tempos en que é interpretado
-5%
Antes:20,00 €
Despois19,00 €
IVE incluído

UA/7A-ENTRE EL AGUA Y EL CIELO EL PATRIMOMIO MONASTICO DE LA del autor MONTERROSO MONTERO, JUAN MANUEL editado por UNIV.SANTIAGO en el año 2013.
UA/7A-ENTRE EL AGUA Y EL CIELO EL PATRIMOMIO MONASTICO DE LA tiene un código de ISBN 978-84-15876-04-5. En este caso se trata de formato papel, pero no disponemos de UA/7A-ENTRE EL AGUA Y EL CIELO EL PATRIMOMIO MONASTICO DE LA en formato ebook.
22,00 € 20,90 €
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade