En IMOSVER.com, temos moi claros cales son os alicerces sobre os que se asenta o considerado como "Bo Servizo".
Sempre tentamos que todos os pedidos estean preparados, e entregados á axencia de transportes, o mesmo día no que son procesados na web. Por iso sempre volos entregan no prazo de 24/48 horas, se estás en España (Península) ou Portugal, e entre 3 e 5 días, se estás noutro País.
Tratamos de que todos os artigos que ofrecemos na nosa web teñan o mellor dos prezos, por exemplo, no caso dos libros aplicamos o 5% de desconto (segundo a lexislación vixente, o desconto nos libros, non pode exceder do 5% sobre o prezo do editor). Ademais realizaremos ofertas ao longo do ano, con distintas temáticas, produtos, e gastos de envío, manterémosche informado, a través da web, dos nosos perfís en Facebook, twitter,.. ou dos boletíns que podemos enviarche ao teu mail.
Non podemos ter todos os artigos que che interesan, pero se que temos unha gran cantidade de referencias en stock permanente. Nos nosos mais de 8.000 metros de almacén, dispomos de mais de 2 millóns de artigos dispoñibles para enviar de maneira inmediata.
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade