O MEU PEDIDO
Comprar en Imosver é moi sinxelo, só tes que elixir un artigo, incorporalo á cesta pulsando sobre o botón de compra e Realizar o pedido, indicando o medio de pagamento que prefiras e o enderezo de entrega.
Podemos entrar en máis detalle nos seguintes puntos:
Para atopar un artigo pódese utilizar o noso buscador rápido situado na zona superior da páxina, nese caso, buscarase por defecto en todos os artigos da nosa base de datos. Tamén podemos utilizar a busca avanzada, para aqueles casos en que queiramos filtrar os resultados das buscas. En calquera caso, o resultado da busca amosaranos os artigos e a súa dispoñibilidade.
Se non buscas un produto concreto, nós podémoste asesorar utilizando os menús de navegación situados na parte superior esquerda da páxina. A través destes menús chegaremos a agrupacións de produtos e poderás ir filtrándoos por distintos criterios, como prezo, marca, características…
Podes ampliar a información do produto que che interesa pulsando sobre o seu nome ou a súa imaxe, deste modo chegamos ata a ficha do artigo, onde terás un maior detalle das súas características, valoración doutras persoas, accesorios, artigos relacionados…
Se necesitas información ou asistencia técnica nas túas descargas de libros electrónicos, por favor, utiliza o seguinte enlace.
Cada vez que lle damos ao botón “Mercar” na ficha dun artigo, este incorporarase á túa Cesta da Compra. Sempre podes ir a “Ver Cesta” para anular un artigo que non che interese, modificar a cantidade de cada un, ver o importe do pedido ou coñecer os gastos de envío. (Os gastos de envío calcularanse en función do importe do pedido, do número de artigos e do lugar de destino.) Neste punto, podes “Realizar o pedido” se xa incluíches todo o que buscabas, ou seguir engadindo artigos.
Unha vez que introduciches todos os artigos que necesitas na túa Cesta, podes “Realizar o pedido”; para iso, debes elixir a forma de pagamento que máis che interese do despregable e identificarte (se non o fixeches antes) como usuario da web. Aquí verás os datos de rexistro que nos constan, e que debes revisar por se cambiaron desde a última vez que entraches na nosa web. Se nos confirmas que os datos son correctos, comezamos o proceso para o envío do teu pedido.
Nese momento, enviarémosche un correo electrónico coa confirmación do pedido e poderás estar informado da situación na que se atopa en cada momento, ata que o recibas no enderezo indicado.
Invitámoste a te rexistrar na nosa web para che poder facilitar os teus datos no futuro, e que o proceso che resulte moito máis cómodo.
No proceso de compra, podes indicarnos os teus datos en "Datos de facturación", que será a onde enviaremos a factura (se a necesitas), e tamén uns “datos de envío” diferentes, como pode ser o lugar onde estás de vacacións ou incluso os datos doutra persoa, que será a que reciba o pedido; así, se ti nolo indicas, envolveremos o teu pedido en papel de regalo e enviarémosllo a quen ti digas. (Podes estar tranquilo/a, o destinatario da caixa non recibirá a factura.)
É moi importante que nos indiques un número de teléfono para que poidamos poñernos en contacto contigo no caso de que xurdise algún problema durante a súa entrega.
Entendemos que cando realizas un pedido na nosa web desexas telo na casa canto antes, polo que soamente traballamos coas mellores axencias de transporte urxente, aquelas que nos garanten a entrega en 24/48 horas en España/Portugal e entre 2/4 días na maioría do resto de países. E todo isto a uns prezos moi competitivos, polo que o único sistema de envío que ofrecemos é o servizo urxente. Podes saber máis sobre as nosas tarifas aquí.
Imosver.com realiza envíos ao estranxeiro. As compras realizadas por persoas residentes nos países pertencentes á Unión Europea estarán suxeitas ao IVE. En compras destinadas a países non pertencentes á Comunidade Económica Europea, Imosver.com non se fará cargo dos impostos propios de cada país, aranceis ou cargos de despacho.
En todo momento amosamos a dispoñibilidade dos artigos nos nosos almacéns. No caso de os ter, podemos cumprir os prazos normais de entrega en función do lugar de destino.
1/2 días España peninsular
2/3 días para as Illas
Fóra de España dependerá do país de destino e rondará entre 3 i 8 días para os artigos en stock.
Dentro de “A túa conta” tes acceso ao histórico dos teus pedidos, e indicámosche a situación en que se atopa. Incluímos tamén un enlace á axencia de transportes que che entregará o teu pedido para que poidas ver exactamente onde se atopa este.
O primeiro que debes facer é consultar dentro de “A túa conta” a situación en que se atopa o teu pedido, o enlace coa axencia de transportes indicarache onde se atopa este, puideron intentar entregarche a mercadoría e no estabas na casa…, para o cal debedes coordinar unha data de entrega coa axencia de transportes.
En todo caso, se pasan varios días do prazo de entrega previsto, pódeste poñer en contacto con nós no teléfono 902 090 763.
A TÚA CONTA
Esquecín o meu contrasinal
Tes que ir a "A miña conta" e facer clic en “Esqueciches o contrasinal?”. Só tes que introducir o enderezo electrónico co que te rexistraches e enviarémosche o contrasinal.
Cambiar o contrasinal
Dentro de “A túa conta” tes a opción de cambiar a Clave, tes que introducir o teu antigo contrasinal e despois o novo. O teu novo contrasinal estará operativo ao facer clic en “Modificar”.
Podes consultar e modificar, sempre que queiras, os datos persoais que figuran en “A túa conta”. Para iso, é necesario rexistrarse previamente.
Podes indicarnos as materias que che interesan e enviarémosche un boletín actualizado para que esteas ao tanto de todas as novidades que se publiquen. Tes que nolo indicar marcando as casas correspondentes no apartado “Boletín de novidades” de “A túa conta”. Igualmente, podes darte de baixa desmarcando todas as casas.
Dentro de “A túa conta” tes acceso ao histórico dos teus pedidos para que poidas consultar as datas, os artigos que conteñen e a situación en que se atopa.
Como indicamos nas condicións de contratación, no cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, os clientes e usuarios de www.imosver.com poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais. Para iso, deben solicitarllo por escrito a IMOSVER 2012, S. L., Departamento de atención ao cliente, lugar O Castelo, 33 A, 36156 Lérez, Pontevedra; ou ben mediante o envío dun correo electrónico ao enderezo info@imosver.com, onde se indicará o nome e apelidos, usuario e enderezo electrónico con que se deu de alta, e achegando en ambos os casos unha fotocopia do DNI do usuario.
No caso de que os datos subministrados estean asociados a unha compra, a lexislación española obríganos a mantelos, polo menos, durante seis anos, polo que non se poderán borrar nin rectificar aínda que o cliente así o solicite.
O PAGAMENTO
Propoñémosche dúas formas de pagamento rápidas, cómodas e, sobre todo, seguras.
Pagamento por tarxeta de crédito: podes utilizar Visa, MasterCard, 4B, Euro 6000, Maestro española. Utilizamos unha pasarela virtual desenvolvida pola CAIXA que permite realizar de forma segura pagamentos en Internet. Con este protocolo de seguridade, o número de tarxeta introdúcese directamente na web da entidade bancaria, quedando así os datos da túa tarxeta e do teu contrasinal totalmente protexidos.
Pagamento por PayPal: Neste caso, o importe da túa compra verase incrementado nun 2,2%, polos gastos xerados por esta transacción.
No proceso de compra, pódesnos solicitar que che enviemos a factura, cos datos persoais que figuran en “A túa conta”, e tamén nos podes indicar uns “datos de envío” diferentes, como pode ser o lugar onde estás de vacacións ou incluso os datos doutra persoa, que será a que reciba o pedido, así, se ti nolo indicas, envolveremos o teu pedido en papel de regalo e enviarémosllo a quen ti digas. (Podes estar tranquilo/a, o destinatario da caixa non recibirá a factura.)
Todos os prezos publicados na nosa páxina web son con IVE incluído.
Libros: aplicaremos o máximo desconto permitido por lei (segundo a lexislación vixente, o desconto nos libros non pode exceder do 5% sobre o prezo do editor).
Ofertas: intentaremos ter sempre os mellores prezos, pero iso non quita que realicemos ofertas ao longo do ano, con distintas temáticas, produtos e gastos de envío; manterémoste informado a través de facebook, twitter e tamén a través da web ou dos boletíns que che podemos enviar ao teu enderezo electrónico.
Aquí tes toda a información que necesitas para sacar o máximo proveito aos cupóns e descontos activos en cada momento do ano. Ademais, descobre como conseguilos e acceder a todas as novidades e promocións simplemente subscribíndoche á nosa newsletter. Descobre aquí máis información.
Queres que che contemos un segredo? 🤫 Subscríbete á nosa newsletter e recibe as últimas novidades e promocións especiais. Únete á nosa comunidade de lectores e lectoras!
Responsable do tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatarios: Non se prevén cesións de datos a empresas alleas ó noso grupo.
Dereitos: Acceso, Rectificación, Limitación, Oposición e Portabilidade.
Se pode consultar a información detallada na nosa Política de Privacidade