Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición, sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción. Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de seu. A Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera. O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido. Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos: as contradicións, a crise de identidade, a anomía. Gabancioso desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras, policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano, cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza... e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións, pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén nos zuga, engole, uniformiza e escraviza. Lois Diéguez fende tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.
-5%
Antes:19,00 €
Depois de:18,05 €
IVA incluído

276.A POUTADA DO OSO é um livro do gênero NARRATIVA de FICÇÃO do autor LOIS DIEGUEZ editado por EDICIONS LAIOVENTO
276.A POUTADA DO OSO tem um código ISBN 978-84-8487-204-7 e consiste em 303 Páginas. Neste caso, é o formato papel mas nós também temos A POUTADA DO OSO em formato ebook.
23,80 € 22,61 €
9,02 € 8,57 €
9,00 € 8,55 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...