Unha man bota no lume unha foto, que se resiste a arder, pero que acaba feita cinza, coma un soño que se esvae. Un vampiro solitario vaga polas rúas da noite coruñesa, na procura do seu alimento cotiá. Unha pantasma regresa, como cada vintecinco anos, ó vello pazo familiar. Velaí algunhas das imaxes que fixeron nacer os cinco relatos de Amor dos quince anos, Marilyn. Un libro co Agustín Fernández Paz quere render unha homenaxe ó cine e ós seus mitos, cando se cumpren cen anos do seu nacemento.Amor dos quince anos, Marilyn, publicado inicialmente na colección Merlín en 1995, recupérase para a colección "Fóra de Xogo", obtivo un unánime recoñecemento da crítica:"Agustín Fernández Paz rende homenaxe á sétima arte nun volume onde os recordos e a paixón se mesturan nunha escrita colorista e áxil. Fernández Paz propón unha deliciosa narración sobre un olimpo de estrelas onde a vida e o soño ulen a celuloide" (O Correo Galego)."Actores que deixaron pegada na grande pantalla, personaxes que atoparon no celuloide o mellor dos medios para facerse reais, e todo un cúmulo de sensacións, vivencias e sentimentos xurdidos ó redor das tardes de cine, entretecen estas cinco historias magnificamente narradas nas que o autor, confírmase, de novo, como un dos máis interesantes do actual panorama literario" (Xián Xaneiro, CLIJ)"A conclusión engaiolante que un tira lendo Amor dos quince anos, Marilyn é que o autor sabe que a æfábrica dos soños' do ser humano non vai morrer xamais" (Xoán Acuña, Atlántico diario).
-5%
Antes:13,95 €
Depois de:13,25 €
IVA incluído

Amor dos quince anos, Marilyn é um livro do gênero CRIANÇAS E JOVENS de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS do autor Fernández Paz, Agustín editado por XERAIS
Amor dos quince anos, Marilyn tem um código ISBN 978-84-8302-608-3 e consiste em 160 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Amor dos quince anos, Marilyn em formato ebook.
9,50 € 9,03 €
8,75 € 8,31 €
18,00 € 17,10 €
9,20 € 8,74 €
12,50 € 11,88 €
8,75 € 8,31 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
13,95 € 13,25 €
14,90 € 14,16 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...