Autovías galegas. Crónica dunha farsa
Autovías galegas. Crónica dunha farsa Monge González, Manuel
Editorial:
XERAIS
ISBN:
978-84-8302-386-0
EAN
9788483023860
Coleção:
CRONICA
Alto:
300 Alto
Largura:
200Largura
Idioma:
GALEGO

A batalla política polas autovías comezou no ano 1986 cando o Congreso  aprobou o Plan Xeral de Estradas 1984-1991, prevendo a construcción dunha rede de vías rápidas que comunicaría a tódolos territorios do Estado, excepto Galicia. Na exposición de motivos do Plan xustificábase a non inclusión na rede de autovías dos territorios , as  cordais e serras peninsulares e "Galicia en xeral". Manuel Monge, diante deste feito, que contemplaba a construcción de 3.250 km de autovías en todo o Estado e só 30 km en Galicia, decidiu escribir esta  crónica dun longo proceso de reivindicación colectiva e social de infraestructuras de comunicación para unir Galicia con Europa.Desde aquela, a sociedade galega asistiu ao anuncio de sucesivos aprazamentos na execución das obras das autovías galegas que malograron as expectativas da súa rápida finalización.Moitos cidadáns reaccionaron criticamente ante a excesiva pasividade da Administración  Galega e o Goberno Central, máis aínda cando se cualificou como unha "excelente noticia" o remate das autovías para o ano 2001, despois de terse asinado un convenio entre o MOPU e a COTOP que fixaba a súa finalización en 1995.Manuel Monge reconstrúe neste documentado libro todo o debate político sobre a construcción das autovías, faise eco da  frustración da opinión pública causada polos reiterados atrasos e autoxustificacións das Administracións, e ofrécelles ós lectores as claves para entender a construcción das autovías galegas como a crónica dunha farsa pero tamén como un compromiso cidadán irrenunciable e inaprazable por máis tempo. O libro, que recolle abundante información gráfica e documental, finaliza analizando as contribucións da Unión Europea ao financiamento das autovías (con especial atención á distribución dos Fondos Estructurais e de Cohesión  que recibe Galicia da Unión Europea), e as perspectivas do desenvolvemento do tren de alta velocidade que mellore as comunicacións de Galicia, co resto do estado, con Portugal e con Europa.

-5%

15,80 €

15,01 €

IVA incluído

Autovías galegas. Crónica dunha farsa é do autor Monge González, Manuel e tentar

Autovías galegas. Crónica dunha farsa do autor Monge González, Manuel editado por XERAIS

Autovías galegas. Crónica dunha farsa tem um código ISBN 978-84-8302-386-0. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Autovías galegas. Crónica dunha farsa em formato ebook.

Também temos outros títulos do autor Monge González, Manuel que podemos encontrar em nossa livraria online, além de Autovías galegas. Crónica dunha farsa

Outros livros de

Outros livros de XERAIS