"Wuthering Heights"" ou "Cumes Torboentos", na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas.
A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes.
É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, "Cumes Torboentos" non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos.
"Cumes Torboentos" é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.
-5%
Antes:23,95 €
Depois de:22,75 €
IVA incluído
Se a sua compra exceder 19

Cumes Torboentos é um livro do gênero LITERATURA de LITERATURA CLÁSSICA do autor Emily Brontë editado por LAIOVENTO (IBD)
Cumes Torboentos tem um código ISBN 978-84-8487-650-2 e consiste em 382 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Cumes Torboentos em formato ebook.
3,00 € 2,85 €
8,95 € 8,50 €
6,95 € 6,60 €
19,75 € 18,76 €
26,50 € 25,18 €
7,00 € 6,65 €
35,00 € 33,25 €
9,00 € 8,55 €
20,00 € 19,00 €
14,94 € 14,19 €
19,95 € 18,95 €
19,95 € 18,95 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...