A edición é hoxe unha actividade profesional de absoluta actualidade, excitantes posibilidades de futuro e altísimos estándares de cualificación técnica, razón pola que cada vez son máis frecuentes ciclos formativos superiores e bibliografía especializada neste terreo. Este manual é, de feito, o froito de dous alentos. O primeiro está nas moitas horas de experiencia docente do autor, Juan Blanco Valdés, no Máster de Edición da Universidade de Santiago de Compostela onde tivo a oportunidade de transmitir un coñecemento técnico acumulado en vinte anos de exercicio profesional no Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela e de pulsar as necesidades reais de formación en edición técnica. O segundo destes pulos veu determinado pola constatable existencia, por dicilo na xerga empresarial, dun ' ' nicho de demanda ' ' : o dun manual de edición dirixido a un público, se ben máis ou menos especializado -polo tanto con coñecementos de edición ou, cando menos, de edición textual- moi frecuentemente enfrontado a inseguridades, dúbidas, incertezas, alternativas técnicas e lagoas nos máis diversos aspectos que atinxen a un proceso complexo como é a creación dun libro, para a resolución dos cales dispón dunha bibliografía obviamente estensa pero sempre dispera e adoita indiscriminada. Polo tanto, este é un manual ' ' a pé de obra ' , redactado por un editor e pensado para editores, un texto sinxelo e intuitivo conscientemente dedicado á cerna da edición: a construción e produción dun libro dende o orixinal
-5%
Antes:28,50 €
Depois de:27,08 €
IVA incluído
Se a sua compra exceder 19

Do orixinal ao libro é um livro do gênero LITERATURA do autor Blanco Valdés, Juan L. editado por XERAIS no ano 2009.
Do orixinal ao libro tem um código ISBN 978-84-9782-960-1 e consiste em 296 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Do orixinal ao libro em formato ebook.
14,00 € 13,30 €
15,00 € 14,25 €
40,01 € 38,01 €
10,40 € 9,88 €
14,90 € 14,16 €
19,50 € 18,53 €
20,50 € 19,48 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...