Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consiste en queimar libros, que están prohibidos e son fonte de discordia e infelicidade. Aínda así, Montag séntese desgrazado: o seu matrimonio está en crise. ¿Acaso hai libros agochados na súa casa? O Sabuxo Mecánico do Departamento do Lume, armado cunha agulla hipodérmica letal e escoltado por helicópteros, persegue aos disidentes que se atreven a ler. "Fahrenheit 451" de Ray Bradbury é unha novela situada nun futuro onde a xente xa non se interesa pola literatura. Constitúe xunto a "1984" de George Orwel e "Un feliz mundo novo" (Xerais, 1999) de Aldous Huxley, unha descrición profética da submisión de Occidente aos medios, ás drogas e ao conformismo. A novela de Bradbury resulta asombrosamente visionaria: televisións de tamaño de paredes que mostran telenovelas interactivas; carteis publicitarios de sesenta metros de longo nas estradas; altofalantes en miniatura que a xente leva nos oídos para escoitar música e as noticias; a indiferenza das persoas con respecto a todo. A prosa poética e poderosa de Bradbury fusiónase cunha percepción extraordinaria sobre o potencial da tecnoloxía para crear unha novela que, cincuenta anos depois da súa aparición, aínda ten capacidade de asombrar e impactar. Un clásico da literatura do século XX en galego, unha antiutopía na que os libros están prohibidos e un grupo secreto de libros vivintes esfórzanse en transmitir de boca en boca a antiga cultura.
-5%
Antes:13,80 €
Depois de:13,11 €
IVA incluído

Fahrenheit 451 é um livro do gênero CRIANÇAS E JOVENS de LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS do autor Bradbury, Ray editado por XERAIS no ano 2005.
Fahrenheit 451 tem um código ISBN 978-84-9782-310-4 e consiste em 208 Páginas. Neste caso, é o formato papel, mas não temos Fahrenheit 451 em formato ebook.
11,95 € 11,35 €
16,50 € 15,68 €
19,95 € 18,95 €
19,00 € 18,05 €
25,95 € 24,65 €
18,90 € 17,96 €
14,00 € 13,30 €
14,00 € 13,30 €
13,50 € 12,83 €
13,95 € 13,25 €
13,95 € 13,25 €
14,90 € 14,16 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...