O texto de Física e Química que segue a continuación, dirixido ao alumnado de Primeiro de Bacharelato, foi elaborado tendo en conta o "Currículo do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia", cumprindo, polo tanto, a normativa vixente en canto aos contidos da materia. Ademais, a actual edición está corrixida e ampliada, dando resposta ás esixencias pedagóxicas e didácticas observadas no quefacer diario nas aulas polo profesorado e ás propias suxestións de alumnas e alumnos, e adáptase ás Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola Real Academia Galega o 12 de xullo de 2003. Os contidos organízanse en Bloques, onde se engloban os diferentes temas. En cada tema iníciase o desenvolvemento teórico da materia partindo de niveis de complexidade baixa, dado que os coñecementos matemáticos e físicos que ten o alumnado ao remate da ESO impiden inicialos coa profundidade desexada. Como aplicación das ideas e conceptos tratados ao longo de cada tema, aparece unha serie de "Exercicios resoltos", que pretenden servir de guía e axuda ao alumnado. Os exercicios propostos ao final de cada tema levan indicada a solución para facilitar o traballo autónomo por parte das alumnas e alumnos. Inclúense ademais mapas conceptuais ao final de cada bloque (e proponse a súa elaboración), que facilitarán a integración e interiorización dos coñecementos adquiridos en cada tema. Ao final do libro engádese un Anexo, referido á formulación e nomenclatura inorgánica que se considera de utilidade para o alumnado.
-5%
Antes:31,00 €
Depois de:29,45 €
IVA incluído
Sen disponibilidade
Se a sua compra exceder 19

Fisica e quimica 1ºbacharelato, da editora BAIA, é um livro editado por BAIA no ano 2012.
Para o livro didáticoFisica e quimica 1ºbacharelato o código ISBN pertence a você 978-84-9995-035-8 e consiste em 396 Páginas. Neste caso, é o formato papel e nós não temos Fisica e quimica 1ºbacharelato em formato ebook.
31,00 € 29,45 €
27,00 € 25,65 €
28,00 € 26,60 €
31,70 € 30,12 €
14,35 € 13,63 €
24,00 € 22,80 €
Anotese para receber novidades
Responsável pelo tratamento: Serlogal 2.0 S.L.; Contacto: protecciondatos@serlogal.com
Destinatários: Não estão previstas transferências de dados para empresas fora do nosso grupo.
Direitos: Acesso, Retificação, Limitação, Oposição e Portabilidade.
Informações detalhadas podem ser consultadas em nossa Política de Privacidade...